
HOXE DIA 17, AS 20:00 NO OBELISCO, NA CORUÑA, SEGUIREMONOS INDIGNANDO, ¿E TI? Temos que decirlle os Bancos e os especuladores que ¡¡Basta Xa!! de expoliarnos. Os gobernos deben estar pra atender o seu pobo e non os avariciosos. A democracia temos que facela entre todos, e entre todos, temos que renovala pra que sexa nosa.
Escrito en GENERAL | Etiquetado DEMOCRACIA REAL YA, DRY | Deja un Comentario »
Escrito en GENERAL | 2 Comentarios »
Temos que deter este ataque neoliberal que trata de eliminar os nosos dereitos gañados con moito esforzo. Unete o proxecto visitando o siguinte enlace:
http://mesasdeconvergencia.wordpress.com/llamamiento-2/
¡¡Unete!!
Escrito en GENERAL | Etiquetado convergencia, izquierda, mesas, neoliberal | Deja un Comentario »
Escrito en GENERAL | Etiquetado Egipto, revolucion | Deja un Comentario »
O dia 21 de Novembro de 2010 todos a Santiago pola defensa da nosa sanidade.
Escrito en GENERAL | Deja un Comentario »
O dia 5 de novembro de 2010 en Santiago de Compostela o final do dia, observei no ceo como se realizaron diferentes vos entrelazados formando unha malla de estelas, que se foron disolvendo formando nubes. Nas imaxes podese observar como aparecen algunhas nubes de cor marron escuro, en algunha destaco unha zona de cor laranxa, que en realidade era un arco da vella, que non quedou ben reflexado, porque utilicei a camara dun movil de baixa calidade.
- chemtrails
- Nubes marron oscuro
- chemtrails
- Malla de estelas
- Arco Iris
- nubes marron oscuro
- Foto Satelite dia siguiente
Escrito en MEDIO AMBIENTE | Etiquetado chemtrail, estela quimica | Deja un Comentario »
A situación en Cangas é crítica:
A empresa Puentes y Calzadas está querendo forzar a recualificación dos terreos do Salgueirón mediante a ameaza de reinicio inmediato das obras do porto deportivo que a oposición veciñal ten paradas dende fai dous anos e medio.
Un novo Plan Xeral está iniciandose e este mesmo mes tense que presentar o seu avance.
Hai fortísimas presións sobre o grupo de goberno (ACE, BNG, PSdeG PSOE) para o troco da actual cualificación de industrial a unha de residencial, con obxecto de desenrolar unha urbanización de luxo.
Os terreos pertenecían a antiga conserveira Massó e teñen un altísimo valor patrimonial (estan declarados como ben de patrimonio industrial), natural, botánico e, pola súa cercanía ao núcleo de Cangas, representan un pulmón vital para cubrir o tremendo deficit de Cangas en zonas verdes.
No mar, a construcción dun inmenso porto deportivo, nunha zona de escaso calado e gran riqueza pesqueira, modificaría as correntes da ría, deixando un canal de só 1,3 millas ate o macrorecheo de Bouzas, o que pode comprometer aínda máis o crítico estado de saúde dunha ría da que dependen miles de familias.
A lentitude da xustiza (hai máis de cinco denuncias en curso e dous contenciosos administrativos da Confraría de Cangas), a ambición de empresarios e financieras (Caixanova), e o estudiado desleixo de múltiples políticos involucrados, pode permitir unha absurda pero tremendamente lucrativa recualificación. ACUDIDE Á ALAMEDA VELLA DE CANGAS O DOMINGO 20 ÁS 12. Non permitamos a consumación desta aberración.
CANGAS NON SE VENDE
A RÍA NON SE VENDE
GALIZA NON SE VENDE
Esta concentración está convocada por A RÍA NON SE VENDE dentro das actividades que fan referencia ao día da Terra (22 DE ABRIL), que comezan cun roteiro en bici dende a praza do Rei de Vigo as 10h do día 20, proseguen con actividades de troco e mesas informativas de coletivos na Alameda Vella de Cangas coincidindo coa concentración, e rematan cunha charla coloquio sobre os impactos do cambio climático o día 21 as 19 horas na biblioteca do casco vello de Vigo
Escrito en MEDIO AMBIENTE | Deja un Comentario »
Documental de la serie El Escarabajo Verde donde se nos muestra la triste realidad en la que se encuentra O Courel.
http://www.escarabajoverde.tve.es/programas/2007-2008/6-4-08/ventanaVideo.htm
Escrito en MEDIO AMBIENTE | Etiquetado caurel, courel | Deja un Comentario »
Anunciada a arribada a Planta de Gas, do buque nº 18,
o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
CONVOCA UNHA
CONCENTRACIÓN – CACEROLADA – MANIFESTACIÓN
Sábado 12 de Abril, ás 7 da tarde
Edificio Administrativo Xunta de Galicia
(Praza de España – Ferrol)
Características do buque: LNG “ABUJA”, antiguedade 28 anos,
eslora: 285,4 m. manga: 45,7 m. Bandeira: Bahamas.
Pola nosa seguridade, pola defensa da sostenibilidade do noso mar, polos postos de traballo:
¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RIA !!
Escrito en GENERAL | Deja un Comentario »
O Comité Cidadán de Emerxencia quere manifestar o seu máis fondo pesar polo falecemento do seu Coordinador Carmelo Teixeiro Menéndez e amosar as súas condolencias á familia e amigos.
Carmelo, era persoa cunha traxectoria vital de exemplo en valores e principios, salientable polo seu compromiso na defensa da ría de Ferrol e na loita por unha sociedade máis xusta, solidaria e comprometida co medio ambiente.
Todas as persoas que queiran renderlle unha homenaxe, poderán facelo acompañándoo na súa despedida mañá mércores día 6 as 18:00 no cemiterio de Catabois.
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
Escrito en GENERAL | Deja un Comentario »














